Saltar ao contido principal

Publicacións

Destacados

Concerto de Zënzar no noso centro en setembro

Queridas lectoras/es, xa podemos confirmar a actuación da banda Zënzar no noso centro. Presentarán o seu concerto: " Música e Lingua. Repaso da nosa música contemporánea e o papel da muller nela". Realizarán un percorrido pola historia da música contemporánea galega cantada en galego e buscarán a participación e diálogo co público asistente, desde precursores coma Andrés do Barro nos 70 ou os Resentidos nos 80 (pioneiros en mesturar o son da gaita co rock en galego) ata bandas en activo máis recentes, coma Ortiga, Tanxugueiras, High Paw, Dios Ke Te Crew ou Laura Lamontagne.   Para tratar a presencia e a importancia (non sempre recoñecida) das mulleres no panorama musical galego, falarán do proxecto  Músicas Galegas Ilustradas  e das actividades realizadas dentro del (a análise da paridade en festivais galegos, a publicación Ferreñas & Rock and Roll, etc) para entender o papel das mulleres na música e cultura galegas.  Zënzar leva agora 31 anos sobre os escenarios

Publicacións máis recentes

Entrevistamos a Ukestra do Medio

Entrevistamos a Xosé Manuel Lobato: promotor da Asociación Mestre Manuel Gacio

Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio

Regueifa Colectiva: Correlingua 2023

Entrevistamos a Grilo

Mesa redonda sobre Plurilingüismo inclusivo orientada a: familias, profesorado e monitorado

Literatura contemporánea na produción musical galega

Concurso humorístico: brincadeiras para escachar coa risa

Entrevistamos a Tecor Societario

Aprendemos a cantar unha canción en linguaxe de signos