No acto foron presentados polo coordinador ENDL os datos correspondentes á avaliación sociolingüística. A seguir, interveu a Prof. Mariló Candedo para realizar unha avaliación do modelo plurilingüe substractivo actual, así como para achegar propostas específicas dirixidas ao profesorado. Posteriormente, realizou a súa presentación a Dra. María Sández para desenvolver o modelo plurilingüe inclusivo, dando orientacións específicas ao monitorado e familias, nomeadamente ás que interveñen nos servizos de carácter complementar. Finalmente, houbo un coloquio no que se realizaron achegas ou preguntas.
 |
Santiago Quiroga, Mariló Candedo e María Sández
|
 |
Materiais para profesorado, familias e monitorado (podes descargar os materiais nesta páxina do blogue)
|
Comentarios
Publicar un comentario