Investigación sobre a presenza da música galega na Radio Pública

Con esta investigación queremos analizar a presenza da música en galego na Radio Pública Galega. Para iso, escoitamos unha hora de música e contabilizamos os minutos das cancións en galego e castelán. 

 Resultados:

- 5% do tempo é en galego.

- 10% do tempo noutras linguas. 

- 85% do tempo é en castelán. 

Pasamos os datos a un gráfico, utilizando Excel. O resultado é o seguinte: 

Despois, lemos os Estatutos da Radio Televisión Pública Galega. En relación á lingua e cultura galega di o seguinte:

Artigo 3.3.

No desenvolvemento do seu obxecto social, a Corporación RTVG promoverá e difundirá a cultura e identidade de Galicia e contribuirá ao uso e ao coñecemento da lingua galega.

Artigo 3.4. 

A lingua da Corporación RTVG é o galego; polo tanto, a prestación do servizo de comunicación audiovisual por parte da dita sociedade e das comunicacións que efectúe ao persoal dependente dela no exercicio das súas tarefas serán en lingua galega.

Escribimos unha carta á dirección da CRTVG

Finalmente, vendo que a Radio Pública Galega non está a cumprir cos principios estatutarios para a que foi creada, escribimos unha carta á dirección da CRTVG co obxectivo de que cumpra a lei:

Sr. Alfonso Sánchez Izquierdo:

Somos un grupo de nenas e nenos do CPI Antonio Orza Couto.  Realizamos unha investigación para ver que presenza ten a música galega na Radio Pública. Os resultados son moi negativos para o noso idioma xa que as cancións en galego só ocupan o 5%, mentres que o castelán chega ao 85%. 

Lemos os Estatutos da CRTVG e pensamos que se están a incumprir os artigos 3.3 e 3.4, pois non se pode promover, nin difundir a cultura e identidade de Galicia só cun 5% de música no idioma propio do noso País. 

Pedímoslle, por favor, que faga cumprir os Estatutos e poña en valor o noso patrimonio musical. Como di unha das nosas artistas favoritas, Maria Xosé Silvar: "ninguén pode amar o alleo se despreza o que ten". 

Un saúdo,

Grupo Musigaliza-te.

Comentarios

Publicacións populares