Entrevistamos a Xosé Manuel Lobato: promotor da Asociación Mestre Manuel Gacio

Entrevistamos a Xosé Manuel Lobato, promotor e primeiro presidente da Asociación Cultural Manuel Gacio.

https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/0/06/Xos%C3%A9_M._Lobato_Mart%C3%ADnez_%28AELG%29-3.jpg
Xosé Manuel Lobato

Bos días, somos Musigaliza-te, e querémosche facer unhas preguntiñas para saber un pouco sobre a Asociación Mestre Manuel Gacio e difundir deste xeito o voso traballo na nosa comunidade educativa e virtual.

Como naceu a asociación e por que se chama así?

A asociación mestre Manuel Gacio, comezou as súas actividades en xaneiro do 2012, fundada no 2011 por iniciativa de Xosé M Lobato, para homenaxear a un mestre de Lestedo que deixou profunda pegada nos seus alumnos/as, o seu nome era Manuel Gacio. De aí o nome da asociación.

 
Cantos anos ten a asociación?

Neste 2023 acadamos 12 anos dende a fundación, foron anos de intensa actividade en diferentes ámbitos.

 
Que tipo de actividades musicais realizades?

En relación coa música, traballamos na recollida e recuperación do noso folclore, deste xeito, impartimos clases de canto, requinta, pandeireta, acordeón, gaita, percusión. Tamén baile, e para os máis pequenos/as iniciación ao ritmo.

 
Que instrumentos ensinan a tocar os mestres e mestras?

Os nomes dos nosos grupos están todos relacionados coa luz, a idea é de amosar esa luz tan especial e mítica que amosa o Pico Sacro a todas/os aquelas/es que teñen a sensibilidade suficiente para ollar nese universo mítico e máxico que rodea este símbolo da nosa Terra.


Agora xa que sabemos iso, queremos saber os nomes dos vosos grupos de música?

Neste intre a asociación conta con catorce grupos de música tradicional; Loaira foi o primeiro en formarse e o último, Roibén. Os outros doce levan nomes como Raiola, Lucerniñas, Raeira, Estralampo, Ardora ou Luz do Ilicinio.

Grupo Loaira


Normalmente, ides a moitas actuacións, concursos...?

Todos os grupos ao longo do ano teñen algunha actuación, aínda que como escola que somos, só realizamos as imprescindibles. Tamén asistimos a algúns concursos, fundamentalmente para que os máis pequenos gocen de escenarios espectaculares.


Como se pode colaborar coa vosa asociación?

Actualmente esta asociación conta con máis de trescentos socios/as, así como eses alumnos/as que sobrepasan ampliamente o centenar, todos eles colaboran coas súas cotas a manter viva a chama desta ilusión colectiva.

Para colaborar, os nosos socios son imprescindibles na programación e realización das diferentes e diversas actividades, tamén asociarse é unha forma de colaborar.


Ademais de promover a música tradicional, que outros eventos facedes?

Non somos só música, esta asociación realiza moi diversas actividades, entre outras citar:

Obradoiros de confección de intrumentos musicais, por exemplo o pendeiro, agremáns, san cosmeiros... nestes casos son obradoiros relacionados coa música.

Así mesmo, son habituais os recitais poéticos, escenificacións no Pico Sacro, contos na lareira, seráns, concurso literario para nenos/as de infantil e primaria, festivais e galas en diferentes contextos. Tamén temos como socios/as de honra a Xosé Neira Vilas e Antía Cal, ambos homenaxeados e nomeados en vida.

Queres destacar algunha outra cuestión?

Destacar as nosas numerosas actuacións no programa Luar da televisión galega ou o I FESTIVAL DA REQUINTA DA ULLA, instrumento típico da zona que tentamos recuperar dende as nosas clases. 


 Actuación da Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio no Luar: "A Parranda". 

 
Moitas grazas por responder a esta entrevista.

Comentarios

Publicacións populares