Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio

 

A idea de crear unha Asociación Cultural en Lestedo foi suxerida polo escritor profesor e veciño, Xosé Manuel Lobato ou 30 de outubro de 2011 na presentación que o propio promotor fixo dun dous seus libros.

Máis dun cento de persoas que asistian o evento acolleron con entusiasmo a idea de contar cunha Asociación que dinamizase, fomentase, divulgase e promovese a cultura e o patrimonio artístico non ámbito parroquial e municipal.

https://www.aaccmestremanuelgacio.gal/wp-content/uploads/2017/04/logoaacc.jpg


Así naceu a Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio, nome suxerido tamén polo escritor en recordo do que foi moitos anos docente na parroquia.

Recoñecemento ao Mestre Manuel Gacio

 
O promotor e primeiro presidente da Asociación Cultural, Xose M. Lobato, esgrime nun artículo publicado en Galiciahoxe.com, as razóns polas que o Mestre Manuel Gacio é merecedor de que a recentemente creada Asociación debe levar o seu nome.

Milleiros de crianzas foron testemuñas directa e activas, sintonizaban un dial que emitía fundamentalmente humanidade, coa experiencia queimada polo tempo, pódese afirmar que este educador posuía esa escasa virtude que diferenza a calquera ser humano, a empatía.

Semellante a calquera sementeira, nas súas aulas o importante era o colectivo, a súa dedicación a grupos tan numerosos era total e absorbente, absolutamente esgotadora. Porén, o noso mestre don Manuel, sempre estaba na súa escola de Lestedo, xornada a xornada estimulaba tanta graíña con potencial coa esperanza de que algunha primavera agromarían.

Preguiceiros grans, varios lustros de latente espera. No entanto, neste xaneiro xélido de 2012, lograron arrincar de tan profundo e acomodado sono un importante número daqueles que enraizaron nas terras vizosas do mestre de cátedra.

Hoxe, xa non era sen tempo. Mestre, chegou o futuro sen límite, aí está o recoñecemento dos teus alumnos, veciños e cidadáns en xeral. O teu traballo será coñecido e recoñecido, mediante unha asociación cultural con base sólida e consistente, pois os teus principios e filosofía son a súa razón de ser e seguen vixentes en nós.

Asociación cultural mestre Manuel Gacio é unha realidade, as súas portas están abertas a todos e todas, mentres que as súas fiestras son transparentes e de inmensa sensibilidade co patrimonio legado polos nosos devanceiros.  

 Grupos de Música da Asociación 

Máis  de 100 persoas , de todas as idades, participan nos ensaios dos  distintos grupo musicais formados no seo da Asociación Mestre Manuel Gacio, Os nomes dos nove grupos de música tradicional da Asociación, teñen todos unha orixe común, están relacionados  coa claridade . Estos son: Lucerniñas, Luarada, Raeira, Raiola, Loaira, Estralampo 1 e 2, Ardora e Luz do Ilicinio.

Grupo Lucerniñas

LUCERNIÑAS – Eran pequenos utensilios, feitos en pedra ou terracota, usados polos romanos quen explotaron a súa produción masiva e o seu uso xeneralizado para ter luz artificial. Eran alimentadas con aceite de oliva e tiñan desde unha a unha ducia de mechas.

LUARADAS – Crepúsculos e luaradas; cuando segura a fúria dos mares. Tamén se lle chama luaradas  a claridade  producida pela luz da Lua.

RAEIRA – Luz . agarimosa entre chuvieiras do sol en inverno.

RAIOLA  – Feixe de luz de intensa luminosidade. 

LOAIRA – É o primeiro raio de luz que aparece tras a choiva

ESTRALAMPO. Luminosidade intensa que aparece despois dunha tormenta.

ARDORA - Trátase dun fenómeno luminoso producido no océano onde grandes masas de aguaemiten unha misteriosa luz azul. Este resplandor nocturno, citado por primeira vez por Xullo Verne na súa obra Vinte mil leguas de viaxe submarina cando relatou a travesía do Nautilus.

LUZ DO ILICINIO – Significa luz sobre o monte máxico, neste caso o Pico Sacro.

Comentarios

Publicacións populares