Investigación sobre a presenza da música galega na Radio Pública
Con esta investigación queremos analizar a presenza da música en galego na Radio Pública Galega. Para iso, escoitamos unha hora de música e contabilizamos os minutos das cancións en galego e castelán.
Resultados:
- 5% do tempo é en galego.
- 10% do tempo noutras linguas.
- 85% do tempo é en castelán.
Pasamos os datos a un gráfico, utilizando Excel. O resultado é o seguinte:
Despois, lemos os Estatutos da Radio Televisión Pública Galega. En relación á lingua e cultura galega di o seguinte:
Artigo 3.3.
No
desenvolvemento do seu obxecto social, a Corporación RTVG promoverá e
difundirá a cultura e identidade de Galicia e contribuirá ao uso e ao
coñecemento da lingua galega.
Artigo 3.4.
A lingua da Corporación RTVG é o galego; polo tanto, a prestación do servizo de comunicación audiovisual por parte da dita sociedade e das comunicacións que efectúe ao persoal dependente dela no exercicio das súas tarefas serán en lingua galega.
Escribimos unha carta á dirección da CRTVG
Finalmente, vendo que a Radio Pública Galega non está a cumprir cos principios estatutarios para a que foi creada, escribimos unha carta á dirección da CRTVG co obxectivo de que cumpra a lei:
Sr. Alfonso Sánchez Izquierdo:
Somos un grupo de nenas e nenos do CPI Antonio Orza Couto. Realizamos unha investigación para ver que presenza ten a música galega na Radio Pública. Os resultados son moi negativos para o noso idioma xa que as cancións en galego só ocupan o 5%, mentres que o castelán chega ao 85%.
Lemos os Estatutos da CRTVG e pensamos que se están a incumprir os artigos 3.3 e 3.4, pois non se pode promover, nin difundir a cultura e identidade de Galicia só cun 5% de música no idioma propio do noso País.
Pedímoslle, por favor, que faga cumprir os Estatutos e poña en valor o noso patrimonio musical. Como di unha das nosas artistas favoritas, Maria Xosé Silvar: "ninguén pode amar o alleo se despreza o que ten".
Un saúdo,
Grupo Musigaliza-te.
Comentarios
Publicar un comentario